Quintana izou a bandeira azul e a da Q de Calidade no Náutico de Portosín

Turismo náutico
Suso Souto
Rosa Quintana izando a bandeira de Galicia, a azul e a da Q de Calidade no Náutico de Portosín. Foto: Xunta

O SON. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo este sábado en valor e agradeceu o labor do Real Club Náutico de Portosín, que desde a súa creación, hai máis de 30 anos, recibiu de xeito ininterrompido a bandeira azul e, desde hai 8, a bandeira Q de Calidade grazas ao seu compromiso co turismo responsable e sostible. Así o sinalou durante o izado destes dous distintivos que recoñecen, poñen en valor e representan a calidade dos servizos que ofrece Galicia nos portos deportivos. “Este compromiso do Náutico de Portosín concorda co do Plan Director Galicia Destino Seguro 2021-2023, co que a Xunta busca consolidar a oferta segura, adaptándoa ás prevencións sanitarias e ás esixencias dos consumidores, recuperar os niveis de ocupación e gasto previos á pandemia e seguir promovendo Galicia como destino de calidade”, sinalou. S. S.