Reclaman arranxos nos pantaláns para bateeiros do porto rianxeiro

Portos
Suso Souto
Unha embarcación amarrada no porto de Rianxo. Foto: Suso Souto

RIANXO. A confraría de Rianxo reclámalle á Xunta de Galicia diversas melloras para garantir a seguridade dos profesionais do porto da localidade, entre elas novos amarres para as embarcacións da terceira lista e arranxos nos pantaláns para os barcos bateeiros. Por outra banda, unha das demandas que o pósito vén plantexando dende hai varios anos é a instalación de pantaláns para as embarcacións da terceira lista, pois na actualidade teñen que ser atracadas na escolleira, o que obriga ós mariñeiros a acceder a elas a través das pedras. Esta situación supón un evidente risco de accidentes, polo que o pósito considera que se deben adoptar medidas urxentes. Outra das demandas da confraría a Portos de Galicia é a colocación de luminarias en diversos puntos do porto para que os usuarios poidan traballar de noite con seguridade. s. s.