Recolleron os diplomas en Guitiriz os lousamiáns do curso da Uned Sénior

Educación
Suso Souto
MÚSICA. Alumnado da Uned Sénior de Lousame na actuación musical en Guitiriz. Foto: C.L.

LOUSAME. As persoas maiores do municipio de Lousame que participaron nos cursos da aula da Uned Sénior viaxaron a pasada semana á localidade de Guitiriz para asistir á reunión de fin de curso do eido territorial da Coruña. Un acto presidido pola alcaldesa do concello anfitrión, Marisol Morandeira, e polo coordinador da Uned Sénior da Coruña, Luís Rodríguez Patiño, ao que asistiu tamén o concelleiro de Relacións Veciñais de Lousame, José Antonio Ces. O acto congregou a noventa e sete persoas, que recibiron cadanseu diploma acreditativo do labor realizado no curso 2020-2021, un exercicio que estivo marcado pola pandemia do coronavirus. Tras unha serie de lecturas de homenaxe aos avós e avoas, o alumnado lousamián participou nunha actuación musical xunto cos compañeiros e compañeiras de Guitiriz. S. Souto