Boiro levará a cabo un plan de reforzo integral da seguridade na avenida de Compostela

seguridade viaria
Suso Souto
SINALIZACIÓN. Recentemente renovouse a sinalización da avenida de Compostela. F: C.

BOIRO. O Concello de Boiro vai executar obras de mellora da seguridade viaria e accesibilidade no entorno dos centros públicos de ensino da avenida de Compostela. A actuación está agora en licitación por un importe de 50.087 euros e vaise levar a cabo co financiamento da Deputación da Coruña. Trátase dun treito de 200 metros no que se concentran os accesos a dous centros públicos de Primaria e un de Secundaria e Bacharelato. En horas puntuais concentra unha afluencia de máis de mil escolares, vehículos particulares e transporte público, nos momentos de entrada e saída das aulas. A actuación pretende xerar un espazo de máxima seguridade viaria, limitando a velocidade a 30 km/h, accesible e con percorridos seguros. Inclúe a reparación das beirarrúas, pasos de peóns elevados, redutores de velocidade e un novo alumeado. S. Souto