Remata a obra das redes de auga e fecais no Campiño

Saneamento
Suso Souto
Pola esquerda, Estefanía Ramos, Lois Piñeiro e Héctor Muñiz, no Campiño. Foto: C.P.

A Pobra. O núcleo pobrense do Campiño xa conta con redes de abastecemento de auga potable e de saneamento.

Os traballos levados a cabo consistiron na demolición de parte do pavimento anterior para instalar a canalización, os pozos de rexistro e de bombeo, a arqueta de rexistro e o equipamento de bombeo e, posteriormente, repoñer o asfalto na zona de actuación.

En total, as canalizacións abarcan unha superficie de 230 metros lineais.

As obras foron executadas pola empresa Excavaciones Nima S.L. e o importe ascendeu a 73.646 euros, IVE incluído, sendo financiadas con cargo ás arcas municipais.

Algunhas vivendas da zona xa teñen as acometidas á rede e en vindeiras datas proverase de electricidade ao bombeo por parte da empresa subministradora de enerxía para o pleno funcionamento do sistema. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, que supervisou os trabalos xunto ca concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, e o arquitecto técnico municipal, Héctor Muñiz, fixo fincapé no compromiso do executivo local pobrense de continuar coa ampliación da rede de saneamento neste ano a outras áreas do concello, como os núcleos de Ouxo, Santo Isidro ou O Freixo. suso souto