Remata o ciclo pobrense de viaxes en catamarán cunha á illa de Sálvora

Turismo náutico
Suso Souto
Panorámica da illa de Sálvora. Foto: C.R.

A POBRA. As viaxes en catamarán con saída dende A Pobra do Caramiñal para esta tempada de verán chegarán ao seu fin o vindeiro domingo día 29 coa visita guiada á illa de Sálvora, pertencente ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Trátase, polo tanto, da quinta travesía en catamarán ofertada por terceiro ano consecutivo grazas á colaboración entre a concellería do Turismo e a empresa Piratas de Nabia. O importe a pagar para desfrutar desta viaxe será de 21 euros para as persoas adultas e de 11 euros para nenos e nenas ata 12 anos. As persoas interesadas deben formalizar as súas reservas con antelación a través da web www.piratasdenabia.com ou chamando ó número de teléfono 986 320 048. Tamén se pode solicitar información e resolver dúbidas en www.apobra.gal/turismo ou chamando ó 671 090 262. S. Souto