Rematarán en agosto as obras da nova comisaría da capital do Barbanza

Infraestruturas
Suso Souto
María Rivas, pola esquerda, a tenente de alcalde de Ribeira, María Sampedro, e Mercedes Gallizo, visitando as obras da comisaría. Foto: C.R.

RIBEIRA. A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e a presidenta de SIEPSE (Sociedad de Infraestructuras y Equipamientos Penitenciarios y de la Seguridad del Estado), Mercedes Gallizo, efectuaron este mércores unha visita ás obras da nova comisaría da Policía Nacional de Ribeira, situada nun terro de 2.100 m2 da avenida das Airós. Esta actuación está a afrontar o seu treito final e prevese que as obras rematen o vindeiro mes de agosto. Os traballos contan cun investimento de 2.592.519 euros. A nova edificación conta con catro plantas e, entre outras dependencias, disporá de oficinas de atención ao cidadán, expedición de DNI, grupo local de seguridade cidadá, arquivo, galería de rito e armería. Nas súas inmediacións situarase o Punto de Encontro Familiar da comarca do Barbanza, que actualmente se atopa tamén en obras. S. S.