Rematou o campamento de conciliación de Boiro

conciliación
Suso Souto
VISITA. María Outeiral e Marcos Fajardo, esquerda, cos nenos do campamento. Foto: C.B.

BOIRO. O pasado venres finalizou o campamento de conciliación que o Concello de Boiro, mediante as áreas de Cultura e Educación, desenvolveu durante o Nadal. A concelleira de Cultura e Educación, María Outeiral, e o de Deportes, Marcos Fajardo, aproveitaron unha visita que os nenos e nenas participantes fixeron ao Concello como parte das actividades para conversar con eles. O campamento estivo destinado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos co obxectivo de facilitar ás familias un recurso de conciliación con horarios flexibles axustados ás súas necesidades, así como ofrecer unha alternativa lúdica, formativa e integradora de ocio e tempo libre aos participantes. As actividades, deseñadas para fomentar a creatividade e os valores dos cativos, des envolvéronse os días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3, 4, 5 e 7 de xaneiro, en horario de 08.00 a 15.00 horas, adaptado ás necesidades específicas das familias para a entrada e saída. Suso souto