Renovan a envolvente térmica do centro social do núcleo de Corrubedo

Centros sociais
Suso Souto
Instalacións do centro social de Corrubedo. Foto: C.R.

RIBEIRA. O Concello de Ribeira adxudicou á empresa CYS Spania S.L., por 112.530 euros, as obras de mellora da envolvente térmica do centro social de Corrubedo, que está a ser obxecto dunha remodelación integral logo da súa ampliación. As actuacións consistirán na colocación dun sistema multicapa SATE ou similar con 8 centímetros de illamento térmico; a mellora do illamento do espazo baixo cuberta e a renovación de caños e baixantes de cuberta; a substitución da carpintería exterior empregando aluminio anodizado; e a mellora do espazo exterior de entrada ao edificio (a tal efecto aplicarase un pavimento de pedra silvestre abuxardada para mellorar as condicións de seguridade de acceso peonil, así como as súas características ambientais). Asimesmo, prevese habilitar un pequeno espazo axardinado no lateral sur do inmoble. s. s.