Renovan o firme da rúa Atalaia de Corrubedo, un dos principais accesos

Obra Pública
Suso Souto
Obras na rúa Atalaia de Corrubedo. Foto: C.R.

RIBEIRA. O Concello de Ribeira informa do inicio dunha nova actuación consistente na dotación de novo aglomerado na rúa Atalaia, na parroquia de Corrubedo, unha das máis transitadas do pobo, ao servir como un dos principais viais de entrada e saída de tráfico rodado.

A empresa Nemesio Ordóñez é a encargada de realizar unas obras que comportan un investimento de 30.056 €, IVE incluído. A actuación vai ser financiada no marco do POS da Deputación Provincial da Coruña. Na actualidade, o pavimento desta rúa está bastante deteriorado, razón pola cal se elaborou un proxecto dirixido a mellorar o firme cunha nova pavimentación asfáltica de seis centímetros de espesor por unha extensión de 1.018 m2, previo fresado parcial do actual pavimento e a limpeza das marxes. O prazo de execución dos traballos é de dous meses. S. Souto