Renovan o parque infantil do colexio de Artes, en Ribeira

Parques infantís
Suso Souto
Imaxe do renovado parque infantil do colexio de Artes. Foto: C.R.

O Concello de Ribeira informa de que xa están en marcha as obras de pav imentación con caucho continuo e remodelación do parque infantil do colexio de Artes, unha actuación que está sendo executada pola empresa SunneGaliza S.L.U. A intervención persegue ampliar a zona de xogos coa colocación dun rocódromo e dous muelles que se suman aos cinco xogos xa existentes, que se disporán sobre un novo pavimento de caucho continuo rodeado de herba artificial ata completar dunha área de actuación de 300 metros cadrados. Ademais, será instalada unha liña de pluviais para evitar encharcamentos, formada por unha tubaxe de 75 metros de lonxitude, 3 pozos de rexistro e 4 arquetas. Comporta un investimento de 27.805 euros e o prazo de execución son dous meses.