Retiran cento cincuenta quilos de residuos en catro praias carnotanas

Limpeza de praias
Suso Souto
O RESULTADO. Participantes na limpeza realizada en Carnota co lixo recollido. Foto: G.

CARNOTA. Un total de vinte e cinco voluntarios e voluntarias levaron a cabo por grupos unha limpeza de residuos nas praias de Maceiras, Mallou, Ardeleiro e Ximprón, no concello de Carnota, organizada polo colectivo Limpocean. En total recolleron máis de cento cincuenta quilos de lixo, que depositaron en tres contedores dos de maior tamaño. Na actividade colaboraron Ali e Sven de Alibaba. Os participantes na iniciativa separaron a basura e tiñan pensado realizar algunha creación artística, pero, dado que a limpeza rematou ás dúas e media da tarde, xa non tiveron tempo. “A idea gustoulles moito e había moita xente na praia e unha familia que nos foi buscar bebidas frías; creo que foi bo que a xente nos vise para concienciarse da importancia de manter limpos os nosos areais e de coidar o medio ambiente”, sinalou un dos participantes. s. souto