Rianxo acolle o día sete o pasarrúas dun grupo que forman só mulleres

Dúas representacións teatrais completarán a programación do 8-M en clave feminina
8-M
Suso Souto
Imaxe de arquivo do grupo Brassica Rapa. Foto: B.R.

Rianxo. O Concello de Rianxo elaborou unha programación para conmemorar o Día Oito de Marzo que inclúe música e teatro. Así, o vindeiro domingo día 7, ás 12.30 horas, a Brass Band-Fanfarria Brassica Rapa (formada integramente por mulleres) realizará un pasarrúas pola vila. Trátase dunha proposta ao abeiro do programa da Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña.

O venres día 12, ás oito da tarde, a compañía De Ste Xeito Producións representará a obra titulada Feminíssimas, que plantexa tres maneiras de entender o feminismo.

E xa o domingo día 14 de marzo, ás sete e media da tarde, a compañía ButacaZero representará a obra 32 metros cadrados, unha proposta arredor do confinamento que tivo lugar hai un ano con motivo da pandemia da COVID.

Ambas actuacións serán na Sala Arcos Moldes do auditorio municipal de Rianxo.

Só se poderá acceder con reserva previa de localidades enviando un correo electrónico ao enderezo auditorio@concelloderianxo.gal (preferentemente) ou chamando ó teléfono 664 183 217, do 1 ao 11 de marzo, de 09.00 a 13.30, en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita, nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva só cando se confirme dende o auditorio. s. s.