Rianxo comeza un ciclo de música de cámara

Música
Suso Souto
A pianista armenia Anna Sarkisova.

RIANXO. O auditorio de Rianxo acollerá este sábado 15 ás 20.30 horas o primeiro espectáculo do programa de música de cámara IV Ciclo Novos Intérpretes da Escola Municipal de Música. Trátase do concerto Saudades d’Alborada, a cargo de Loli Crespo (soprano) e Alejo Amoedo (piano), que exploran no disco que leva o mesmo título os xéneros da balada e a zarzuela galegas, nun percorrido histórico que,

desde os románticos Juan Montes ou José Castro Chané, chega á produción contemporánea da compositora María Mendoza. Interpretarán tamén obras de Juan Montes, Pilar Castillo Sánchez, José Baldomir Rodríguez, Reveriano Soutullo Otero, Ángel Rodulfo González, José Fernández Vide, Andrés Gaos Berea, Federico Mompou e Bernardo del Río. O programa continuará o vindeiro día 28 á mesma hora co concerto da pianista armenia Anna Sarkisova, quen interpretará pezas de Liszt, Rachmaninoff, Babajanyan e Solar. s. souto