Rianxo habilita cinco mil prazas de aparcamento nas Festas da Guadalupe

Prazas de aparcamento
Suso Souto
A Caravana morada estará no Paseo da Ribeira. Foto: C.R.

RIANXO. O Concello de Rianxo habilitará cinco mil prazas de estacionamento durante as Festas da Guadalupe, que comezan este venres, na zona portuaria, Punta Fincheira, Rianxiño, Arcos Moldes, Xogo dos Bolos, Tanxil, Carretera, Terreo e A Martela. Habilitaranse tamén prazas extraordinarias de aparcamento para

persoas con mobilidade reducida na área de influencia da verbena (serán trinta o venres día 16). Para o control do consumo de alcol entre menores durante as festas e especialmente o luns día 12 (día das Juadalupeñas), coordinouse un dispositivo ca Policía Autonómica. A seguridade das festas compleméntase con servizo de ambulancias e médico, bombeiros e Protección Civil. A maiores disporase da Caravana morada, un punto de información e asistencia contra a violencia de xénero, no Paseo da Ribeira. s. souto