Rianxo, Irlanda e Croacia colaboran no estudo de 243 especies en perigo

Erasmus
Suso Souto
RECEPCIÓN. Muíños, quinto pola esquerda, cos profesores de Irlanda e Croacia. Foto: C.R.

RIANXO. O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez, recibiu a un grupo de profesores do Galway Comunity College (Irlanda) e do Prva Susacka Hrvatska Gimnazija de Rijeka (Croacia), que xunto co instituto local (IES Félix Muriel) participan no proxecto europeo do programa Erasmus titulado Estudos e investigacións sobre o cambio climático na Unión Europea. Trátase dunha investigación sobre 243 especies vexetais e animais en perigo de extinción que alumnso dos tres centros levan a cabo durante dous cursos. O centro rianxeiro conta coa colaboración da Sociedade Galega de Historia Natural. Nesta reunión prepárase a visita que quince alumnos e alumnas de cada un destes centros de ensino farán a Rianxo en novembro. Os profesores aproveitan estes días a súa estancia en dito municipio para coñecer o Barbanza. s. souto