Rianxo planifica o aforro enerxético e a estratexia de futuros investimentos

eficiencia enerxética
Suso Souto
CONVENIO. Valentín González, esquerda, e Adolfo Muíños, asinando o acordo. Foto: D.C.

RIANXO. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinou co alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, a renovación do convenio polo que a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (Faepac), manterá o asesoramento ó municipio en materia de aforro e eficiencia enerxética. A fundación continuará desenvolvendo para Rianxo un plan individualizado de mellora da eficiencia enerxética, uso racional da enerxía e fomento de fontes renovables. Tamén prestará asesoramento técnico en todas as actuacións en materia enerxética, fará un seguimento do consumo de electricidade, auga quente e calefacción dos servizos públicos e informará sobre modificacións lexislativas e tarifarias, axudas públicas e novos materiais, produtos, sistemas e servizos susceptibles de ser implantados nas instalacións municipais. s. s.