Rianxo suspende a taxa das terrazas ata o 31 de decembro do vindeiro ano

Hostalaría
Suso Souto
Unha das votacións do pleno celebrado en Rianxo. Foto: C.R.

RIANXO. Os cinco grupos da Corporación de Rianxo (BNG, Cidadáns, PP, PSOE e Rianxo en Común) votaron de forma unánime unha modificación da ordenanza fiscal número 17, reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público municipal con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa (coñecida como taxa das terrazas) de forma que se engade unha disposición transitoria que suspende temporalmente a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2021, con efectos retroactivos ao 1 de xaneiro de 2020. Esta iniciativa ten por finalidade axudar a paliar os efectos económicos adversos producidos pola incidencia da COVID nas restricións que se impoñen ao sector da hostalería, que obriga a enfocar o negocio cara á explotación dos espazos exteriores e terrazas. S. S.