Ribeira adxudicou a implantación de doce puntos de rede wifi gratuíta

Telecomunicacións
Suso Souto
Fachada do mercado de abastos de Ribeira.

RIBEIRA. O Concello de Ribeira adxudicou á empresa Wireless Galicia S.L. o proxecto WiFi4EU, dirixido á implantación de doce puntos wifi gratuítos na cidade. As doce localizacións nas que se implantará a rede nesta primeira fase (está prevista unha segunda na que ampliar o servizo ás parroquias) son a Praza do Concello, a Área da Oficina de Atención Cidadá, o mercado, o centro cultural Lustres Rivas, a biblioteca municipal, o exterior da Oficina de Turismo do Malecón, o merendeiro e a praia de Coroso, o complexo polideportivo da Fieiteira, o conservatorio, a Praza do Centenario e o entorno da nova estación de autobuses. s. s.