Ribeira busca ós gañadores dos vales de 120 €

Comercio local
Suso Souto
ENTREGA. A tenente de alcalde de Ribeira, María Sampedro, esquerda, entregou xa o primeiro dos tres vales de compra de 120 euros sorteados a Mioara Nicoleta Popa. Foto: C.de R.

Ribeira. Os tres boletos agraciados cos tres premios de 120 € en vales de compra cada un, no marco da campaña de Nadal do Concello de Ribeira, son os números 570, 436 e 587, correspondentes coas tres últimas cifras do primeiro, segundo e terceiro premios do sorteo da Lotería

Nacional do Neno celebrado en Madrid o día 6 de xaneiro.

As persoas que teñan no

seu poder estes boletos deberán comunicalo antes do día 15 no centro cultural Lustres Rivas, indicando os seus datos persoais. Polo momento xa se fixo entrega dun deles (por parte da tenente de alcalde, María Sampedro), o correspondente á rifa co número 436, a Mioara Nicoleta Popa, de Ribeira. s. souto