Ribeira busca solucións innovadoras en aras da seguridade dos peóns

Seguridad vial
Suso Souto
O alcalde, Manuel Ruiz, sentado ó fondo, na reunión con técnicos municipais, co xefe da Policía Local e con representantes da empresa Silo. Foto: C.R.

RIBEIRA. O Concello de Ribeira está decidido a atopar mecanismos que reduzan a siniestralidade de viandantes e ciclistas nos pasos de peóns e, con tal motivo, e no marco do Plan de Mobilidade Urbana Sostible e da EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020, vai efectuar unha consulta preliminar ao mercado coa que promover a participación de axentes e operadores relacionados coa mellora da seguridade viaria. O obxectivo é reunir información que permita ao Concello a contratación adecuada dos sistemas de seguridade que incidan sobre unha redución da sinistralidade, como poderían ser sistemas de detección de presenza de peóns e ciclistas e iluminación, superficies de mellora da freada e sistemas de detección de vehículos e alerta a peóns e ciclistas. A empresa Silo prestará asistencia técnica ó Concello no proceso consultivo. S. Souto