Ribeira e Boiro únense para pedirlle a Abanca que non peche as súas sucursais de Palmeira e Escarabote

Abanca
Suso Souto
Manuel Ruiz, esquerda, e José Ramón Romero. Foto: C.R.

Os alcaldes de Ribeira e Boiro, Manuel Ruiz e José Ramón Romero, respectivamente, mantiveron unha reunión co obxecto de unir forzas institucionais no obxectivo de que Abanca reconsidere a intención de peche das súas sucursais en Palmeira e Escarabote. Neste senso, ambos rexedores tiveron novamente contactos coa entidade, coa que se voltarán xuntar esta mesma semana. Os dous alcaldes barbanzáns son conscientes de que moitas entidades financeiras están inmersas en procesos de reestruturación coas implicacións que isto supón, pero consideran que tanto Escarabote como Palmeira reúnen elementos suficientes para que ambas localidades conserven este servizo tan valorado polos usuarios.