Ribeira eleva a 74.451 € as axudas para material escolar, libros e comedor

Material escolar
Suso Souto
Fachada do colexio O Grupo de Ribeira. Foto: Suso Souto

RIBEIRA. No pasado mes de setembro, o Concello de Ribeira abriu unha convocatoria de axudas para comedores, libros e material escolar para o curso 2021-2022 por unha contía global de 40.000 euros. E agora, ante a avalancha de solicitudes recibidas, que ocasionou que moitas delas quedaran fóra pese a cumprir os requisitos porque se esgotou o crédito orzamentario, a concellería de Servizos Sociais decidiu destinar outros 34.451 euros a satisfacer tales peticións. Dos 34.451 euros habilitados, 2.100 estarán destinados á adquisición de libros e material e 32.351 a comedores escolares. Non se abre un novo prazo de solicitudes, senón que se atenderán as presentadas na primeira convocatoria de setembro. Van dirixidas a alumnos da segunda etapa de Infantil, de Primaria e da ESO dos centros públicos e concertados de Ribeira. s. s.