Ribeira exhibe as obras do certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas

Cultura
Suso Souto
LUSTRES RIVAS. Unha das obras que forman parte da exposición do certame Isaac Díaz Pardo, que pode visitarse no centro cultural Lustres Rivas de Ribeira. Foto: C. de Ribeira

RIBEIRA. O centro cultural Lustres Rivas de Ribeira exhibe ata o día 28 de febreiro as obras seleccionadas para o Certame de Artes Plásticas Issac Díaz Pardo, que promove a Deputación Provincial da Coruña. A concelleira de Cultura, María Sampedro, inaugurou a mostra nun acto que contou só coa presenza de autoridades e xornalistas e no que incidiu en que o certame “é un concurso artístico de referencia a nivel galego que nos brinda unha oportunidade perfecta para coñecer as mellores creacións do momento”. Nete senso, a mostra está integrada pola obra gañadora, titulada 7, de Mauro Trastoi Lindín, máis outras dezanove de temática variada. Está aberta de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas e os sábados de 11.00 a 14.00. O aforo está limitado a catro persoas conforme a normativa anticovid vixente. S. S.