Ribeira expedienta á firma que colocou o alumeado de Nadal por incumprimentos

Nadal 2022
Suso Souto
Algúns elementos do alumeado de Nadal de Ribeira non funcionan. Foto: Suso Souto

RIBEIRA. O Concello de Ribeira abriu un expediente sancionador á empresa adxudicataria do subministro e instalación do alumeado de Nadal ante os reiterados incumprimentos das condicións recollidas nos pregos de condicións que rexen o contrato e que teñen que ver sobre todo cos prazos e cos elementos a instalar nos diversos lugares e parroquias, incluíndo o casco urbano. O Concello fixera este ano un significativo incremento no orzamento dedicado á iluminación (máis de 11.000 euros de diferencia con respecto ao ano pasado) “coa ilusión de conmemorar de forma especial as primeiras festas de Nadal pospandemia”, segundo sinala o executivo local. Dende o Concello piden desculpas polo malestar ocasionado entre moitos veciños e veciñas, confiando en que esta situación se poida ver regularizada nos vindeiros días. s. s.