Ribeira lanza unha guía de linguaxe inclusiva

Igualdade
Suso Souto
PRESENTACIÓN. Ana Ruiz, esquerda, Dolores Crujeiras e Paloma Seijo. Foto: C. de Ribeira

RIBEIRA. O Concello de Ribeira, a través do Centro de Információn á Muller, elaborou unha práctica guía de linguaxe inclusiva con recomendacións para evitar no idioma falado ou escrito usos sexistas. Ten carácter dixital e poderá ser consultada e descargada dende a páxina web do Concello (www.ribeira.gal). Consta de 37 páxinas nas que, entre outros contidos, figura un decálogo de recomendacións, linguaxe visual, alternativas non sexistas de termos de uso frecuente nas administracións, etc. Ademais, con este manual séntanse as bases para dar cumprimento a unha das medidas do Plan de Igualdade de Ribeira 2019-2023, que prevé a elaboración e aprobación dun regulamento municipal para o uso de linguaxe non sexista da linguaxe, do que aparte desta guía a administración local xa manexa un borrador. A iniciativa presentárona a edil de Igualdade, Ana Ruiz; a directora do CIM, Dolores Crujeiras; e a técnico Paloma Seijo. S. S.