Ribeira mobilízase pola investigación sobre o cancro cunha gala de patinaxe e un peditorio

Investigación do cancro
Suso Souto
O alcalde, Manuel Ruiz, con Mª Cortizo, Mª José Paz e Mª José Carreira (AECC) e Elena Rey e Rosi Domínguez (do Club de Patinaxe). Foto: C. R.

Ribeira. Con motivo da conmemoración do Día Mundial contra o Cancro, a asociación ribeirense da AECC deseñou un programa de actos que se celebrarán a vindeira semana.

O sábado 4 ás 11.00 horas haberá un peditorio en diversas rúas de Ribeira. Ás 19.00 será a gala solidaria de patinaxe no pavillón de Sirves, cun desfile de patinadores, incluíndo subcampións galegos e europeos. A entrada é gratuíta, pero sortearanse agasallos e vales de compra mercando rifas, cuxa recadación irá destinada á investigación (colaboran 20 establecementos locais). E o domingo ás 12.30, na igrexa de Palmeira, haberá unha misa en lembranza das persoas falecidas por cancro. s. s.