Ribeira organiza un foro de fiscalidade na pesca

Pesca
Suso Souto
Pantalán de descargas da lonxa de Ribeira. Foto: Suso Souto

Ribeira. A Sociedade Cooperativa do Mar Santa Uxía, Organización de Produtores Pesqueiros organizou para mañá luns unha xornada sobre fiscalidade das empresas pesqueiras, que se encadra no seu plan de produción e comercialización para 2020.

Especialistas na materia darán a súa visión sobre a normativa fiscal e mercantil que afecta á empresas pesqueiras. Participarán José Pita, asesor fiscal e inspector de Facenda en excedencia, quen falará sobre a tributación en ditas empresas; e Álvaro Martínez, avogado e economista, quen explicará os aspectos mercantís das mesmas.

Por mor da situación que estamos a padecer pola COVID, a xornada celebrarase por videoconferencia. Os participantes poderán conectarse por streaming a partires das 10.30 horas, estando prevista a inauguración de dito foro para as 10.45 horas. s. s.