Ribeira vai contratar seis peóns entre parados en risco de exclusión social

Exclusión social
Suso Souto
Vista da cidade de Ribeira dende o parque periurbano.

RIBEIRA. O Concello de Ribeira convocou un proceso selectivo para a contratación temporal, por concurso-oposición, de seis peóns para a prestación de servizos básicos municipais, financiada pola Deputación da Coruña. Vanse seleccionar seis persoas desempregadas en risco de exclusión social. As tarefas a realizar consisten na conservación e mantemento de bens municipais e substitución das deficiencias detectadas en infraestruturas municipais, como arranxos de vías e beirarrúas, colocar a nivel as tapas da rede de sumidoiros, reparación de pequenas fochas ou substitucións parciais do pavimento, limpeza das rúas, mantemento das zonas verdes e cunetas, arranxo de accesos a núcleos de poboación e mantemento de mobiliario de madeira. O prazo para presentar as solicitudes é de sete días hábiles contados a partir deste mércores 8. s. s.