Roi Casal dará o martes un concerto no campo da festa de San Roquiño

Concerto
Esperanza Pouso
O cantante Roi Casal.

LOUSAME. O esperado concerto As músicas do Camiño de Roi Casal no municipio de Lousame xa ten nova data. Será este martes día 12 ás 19.00 horas no campo da festa de San Roquiño (Tállara). Trátase dun concerto que estaba previsto inicialmente para o pasado 26 de setembro pero que tivo que ser adiado debido ás adversas condicións meteorolóxicas. O Concello de Lousame lembra que a entrada ao concerto continúa sendo de balde, pero que haberá que facer reserva previa na plataforma www.bandoticket.com. Neste sentido, recorda que as reservas realizadas para o concerto do pasado 26 de setembro xa non son válidas, polo que as persoas interesadas en acudir deberán facer unha nova reserva. O concerto de Roi Casal está organizado pola administración local en colaboración co Xacobeo 21-22 e a Xunta de Galicia. e. pouso