Romaní presenta na vila sonense o programa do festival de arpa de Noia

Música
Suso Souto
O edil de Cultura de Noia, José Pérez, esquerda, e o músico Rodrigo Romaní, na presentación dunha edición do festival de arpa.

O SON. A casa da cultura de Porto do Son acollerá o vindeiro mércores día 28 ás 12.30 horas unha charla do músico Rodrigo Romaní para a presentación da oitava edición do festival Noia Harp Fest, do que é director e que se vai celebrar na vila noiesa do 4 ó 6 de agosto. O festival comezará o día 4 ás 20.00 horas nos xardíns da central hidroeléctrica do Tambre co concerto de Marianne Gubri (Italia), que combina unha viaxe musical orixinal e única cunha busca de desenvolvemento persoal. Dende pequena dedicouse ao estudo da arpa celta en Bretaña (Francia). É directora artística do Festival de Arpa de Bolonia e actúa en todo o mundo con repertorios de música tradicional, celta, moderna e antiga. E ás 22.00, na Praza do Tapal, actuará Basabi (Euskadi), fundado para difundir a música clásica e a txalaparta fóra dos espazos habituais. S. s.