Ruiz ofrece colaboración municipal para habilitar o cuarto xulgado de Ribeira

Juzgados
Suso Souto
Fachada do edificio dos xulgados de Ribeira. Foto: Suso Souto

RIBEIRA. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, dixo que o Concello coincide coa delegación do Colexio Oficial de Avogados da Coruña na necesidade da implantación dun cuarto xulgado neste partido xudicial. E, de feito, a administración local está disposta a prestar a súa colaboración acondicionando se fose necesario a planta baixo-cuberta do edificio, de tal xeito que os custes derivados desta ampliación se circunscriban ao persoal necesario para poder dispor desta unidade xudicial. Así mesmo, o Concello sinala que está en xestións coa Dirección Xudicial de Xustiza para que se poida habilitar unha sala dos xulgados para determinados actos, como prestación de declaracións, exhortos, etc., habida conta de que as dúas salas de audiencia alí ubicadas están sendo utilizadas actualmente para a celebración de videoconferencias. S. Souto