Seis alumnos rianxeiros van practicar en Irlanda no eido da dependencia

Dependencia
Suso Souto
RECEPCIÓN. Muíños e Veiga, detrás, pola esquerda, cos alumnos e unha mestra. Foto: C.R.

RIANXO. Grazas ao programa Erasmus+, seis estudantes do IES Félix Muriel de Rianxo, do ciclo de atención a persoas en situación de dependencia, viaxarán ata a República de Irlanda para facer as súas prácticas na Asociación Ikkaido, na sede que ten na cidade de Tralee, no condado de Kerry. Durante tres meses apoiarán alí a persoas con diversidade funcional e de colectivos sensibles. Por cuarto ano consecutivo, aínda que non foi doado, o instituto rianxeiro segue apostando pola súa internacionalización a través dos seus proxectos. A pesar da pandemia da COVID, Nerea, Noa, Mariña, Diana, Valeria e Marcos, emprenderán a súa viaxe seguindo todas as medidas de seguridade e indicacións das autoridades sanitarias. Levan as PCR’s negativas e farán unha corentena de 14 días ó chegar”, segundo o director do centro, Ramón Veiga. S. S.