Sesenta nenos benefícianse do plan de atención temperá e discapacidade infantil de A Misela

Atención temperá
Suso Souto
atencion especializada. A Misela ofrece atención especializada nos eidos da fisioterapia, a terapia ocupacional e a psicoloxía. F: F. ONCE

Noia. A asociación A Misela desenvolve este ano o Programa de Atención Temperá e Discapacidade Infantil, que atende a sesenta nenos e nenas da comarca de Muros-Noia con discapacidade ou risco de adquirila, ofrecéndolles atención especializada nos eidos da fisioterapia, a terapia ocupacional e a psicoloxía.

Con este proxecto, presentado a través de la Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica, preténdese dar cobertura de tratamento especializado no entorno cercano ó neno e á súa familia. O mencionado programa é apoiado neste plan de forma anual, recibindo en 2021 un cofinanciamento da Fundación ONCE de 10.000 euros e ascendendo a contía en 2022 a 20.000 euros.

A iniciativa está dirixida a ofrecer unha atención global e especializada tanto ó neno, con discapacidade ou risco de chegar a tela, como á súa familia, potenciando o seu desenvolvemento e favorecendo a súa funcionalidade tamén, sen separalo do seu medio familiar e social.

A Misela é unha entidade sen ánimo de lucro que, dende o ano 1993, no que foi constituída, leva atendidas a máis de 250 persoas. s. souto