Setenta fogares de Boiro súmanse ó programa de compostaxe doméstica

compostaxe
Suso Souto
FORMACIÓN. Asistentes á xornada formativa sobre a compostaxe en Abanqueiro. Foto: C.

BOIRO. O Concello de Boiro, a través da concellería de Medio Ambiente, continúa co programa de compostaxe doméstica que comezou no ano 2019 e no que participan xa máis dun cento de vivendas unifamiliares do municipio. O concelleiro de Medio Ambiente, Raúl Treus, asistiu á entrega de 70 novos composteiros e á xornada formativa que se realizou no centro social de Abanqueiro sobre a súa montaxe e uso, así como recomendacións para poder sacarlle o máximo partido. Segundo os datos do seguimento que se realizou a estes composteiros durante un ano, a maior parte dos restos que se depositan son de materia sobrante da cociña, seguido de segaduras de horta. E, tal e como informaron os usuarios do programa, o emprego de composteiros supón un aforro na xestión de entre 600 e 800 litros de desperdicio orgánico por familia. s. souto