Telefónica extende a banda larga de nova xeración a 36 núcleos de Rianxo

Telecomunicacións
Suso Souto
Unha das Caixas Terminais Ópticas nas que rematan as instalacións realizadas.

RIANXO. A compañía Telefónica de España, dentro do programa de extensión da banda larga de nova xeración do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, está a despregar nova rede de fibra óptica en 36 núcleos de poboación de Rianxo. As entidades incluídas na fase que deberá estar rematada antes de final de ano son: A Vacariza (75 vivendas), Os Xens (6), Asadelos (61), Burés (91), Monte Grande (88), Brión (122), As Cortes (82), O Pazo (87), A Cruz (6) e Ourolo (21). Na seguinte fase, que estará rematada en decembro de 2021, figuran outros 26 núcleos con 848 vivendas. As instalacións realizadas rematan nas caixas CTO (Caixa Terminal Óptica), que están á intemperie nas fachadas dos edificios ou en postes. Delas parte cada unha das conexións de fibra óptica que abastecen ás vivendas individuais. s. s.