Tino Cuesta expón unha selección de 18 óleos en lenzo no Liceo de Noia

Exposición
Suso Souto
APERTURA. Tino Cuesta, segundo pola dereita, con asistentes á inauguración. Foto: J.B.A.

noia. As instalacións do Liceo de Noia acolleron a inauguración da mostra de pintura de Tino Cuesta (Baracaldo, 1959), médico de profesión, escritor e artísta de formación basicamente autodidacta. O artista exhibe nesta mostra, titulada Tino Cuesta, unha selección de dezaoito óleos sobre lenzo nos que teñen cabida estilos tan diferentes como o cubismo ou a abstración figurativa. A pesar da súa clara influencia de artistas destacados da arte contemporánea, como Paul Klee, Kandinski ou Miró, a súa obra goza de identidade propia e única. Entre os asistentes á inauguración, atopábanse, entre outras persoas, o artista local José Luís Axeitos, e Cándido Prego (antigo directivo da Sociedade Liceo de Noia). A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 31 de marzo. Cuesta é, ademais, autor de varios libros, entre eles o poemario Desnudo. s. souto