Trece empresas optan a construír a depuradora sonense de Queiruga

Depuradora
Suso Souto
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, esquerda, e o alcalde de O Son, Luis Oujo, en xaneiro na presentación do proxecto da depuradora de Queiruga. Foto: Xunta

O SON. A Xunta de Galicia recibiu 13 ofertas de empresas para executar a nova depuradora de augas residuais de Queiruga (O Son), que terá un investimento de máis de 1,7 millóns de euros. As obras comezarán previsiblemente a mediados deste ano e terán un prazo de execución de 12 meses. A Xunta asumirá integramente o financiamento da nova instalación. Faranse unha rede de colectores de augas residuais, tres estacións de bombeo e dúas impulsións para a condución das augas ata a nova depuradora. A rede de Queiruga estará composta por 10 colectores, 8 por gravidade e 2 por impulsión. Tamén son precisas 3 estacións de bombeo nos lugares de Tarrío, Seiras e A Ponte. En total prevese a construción dunha rede de colectores de augas residuais, pluviais e impulsións que suman máis de 5.300 metros de lonxitude. S. S.