Trinta nenos e nenas de Rianxo anotáronse este verán ao Plan Madruga

Campamentos
Suso Souto
VISITA A MÍCHEL. Nenos do campamento visitaron ó burro Míchel. Foto: Fousas ao Monte

RIANXO. Un total de 140 rapaces e rapazas participan no campamento de verán de Rianxo, que se celebra no Pazo de Rianxiño, no CEP Brea Segade de Taragoña e no CEIP Ana Mª Diéguez de Asados. Durará ata o día 27 de agosto en horario de 10.30 a 13.30 e conta cun servizo de Plan Madruga para fomentar a conciliación de familias traballadoras desde as 08.00 horas ao que asisten 30 usuarios (a cifra inicial tivo que aumentarse para dar cabida ás solicitudes presentadas). As actividades que se desenvolven teñen a igualdade e o coidado e respecto do medio como piares básicos: xogos, obradoiros, deportes, xincanas e saídas a lugares de interese. Unha delas foi a visita que os cativos realizaron a Taragoña para coñecer a Míchel, o burro fariñeiro da asociación veciñal Fousas ao Monte e da comunidade de montes da localidade. S. Souto