Usuarios de Ambar pintan en nove cadros recordos dos seus intres especiais

Persoas con discapacidade
Suso Souto
INAUGURACIÓN. Asistentes á inauguración da exposición de Ambar en Boiro. Foto: C.B.

BOIRO. A asociación de persoas con diversidade funcional Ambar inaugurou no centro social de Cabo de Cruz (Boiro) a mostra pictórica Lembranzas, realizada polas persoas usuarias participantes no obradoiro de arte da entidade. A exposición está composta por nove cadros que pintaron cada un dos alumnos do grupo e nos que plasmaron os seus recordos. “Cada un escolleu unha foto que lle recordase un intre especial”, afirmou o mestre do obradoiro, Manuel Miné. A iniciativa forma parte das actividades do corenta aniversario de Ambar, e con ela festexouse tamén o Día Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade. Lembranzas pódese visitar no centro social de Cabo de Cruz durante os meses de decembro e xaneiro, de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas, e de martes a xoves tamén de 16.00 a 19.00 horas. S. S.