Usuarios de Amicos gañan o concurso de vídeos de TikTok sobre Igualdade en Ribeira

Igualdade
Suso Souto
Pola esquerda, Iria Rodríguez e Raquel Fernández, en representación de Amicos; Manuel Ruiz; a edil Ana Ruiz; e Elena Rey, entrenadora do Club de Patinaxe de Ribeira. Foto: C.R

O salón de plenos da casa consistorial de Ribeira acolleu este venres a entrega de premios do Primeiro Concurso de Vídeos de TikTok pola Igualdade que fora organizado polo Concello no marco dos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller.

A asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos ocupou o primeiro lugar cun vídeo elaborado por seis dos seus usuarios.

En segundo lugar quedou o Club de Patinaxe Ribeira, con cinco integrantes.

O acto estivo presidido polo alcalde, Manuel Ruiz, e contou coa participación coa concelleira de Servizos Sociais, Ana Ruiz. As entidades recibiron unha tablet como primeiro premio e uns auriculares inalámbricos como segundo de acordo coas bases desta orixinal iniciativa ideada polo CIM ribeirense.