Vinte pobrenses inícianse no cultivo en hortas ecolóxicas

horta ecolóxica
Suso Souto
SACHOS Á RÚA. Participantes no curso que imparte Sachos á rúa. F: C.P.

A Pobra. Case unha vintena de persoas participan nas xornadas formativas sobre a iniciación á horta ecolóxica organizadas pola concellería de Promoción Económica da Pobra, ao abeiro do proxecto de aproveitamento de excedentes agrarios.

Impartidas por un integrante do colectivo Sachos á rúa, as sesións desenvólvense durante esta semana e a próxima (10 e 11 de outubro). Aínda quedan algunhas prazas libres.

O temario abrangue dende as tipoloxías de solo ás planificacións de cultivos, nocións básicas que se complementarán coa práctica no terreo. A iniciativa ten como obxectivos a posta en valor da produción agrícola das pequenas explotacións do concello; fomentar o consumo de alimentos de calidade e de proximidade; xerar actividade económica a partir dos produtos de tempada; dinamizar o comercio local a través dunha plataforma dixital; e fomentar a actividade agraria. s. souto