Xornada de seguridade vial para os cativos do campamento Malamía

Campamentos
Suso Souto
RECePCIÓN. Romero e Torrado, ó fondo no centro, cos cativos do campamento. Foto: C.

BOIRO. O Club deportivo Malamía de Boiro pechou o primeiro mes de campamento con diversas actividades, e os seus participantes foron recibidos polo alcalde, José Ramón Romero, e a edil de Deportes, Dores Torrado. Os cativos desfrutaron dunha xornada formativa impartida por axentes da Policía Local e realizaron un percorrido polo carril bici do municipio, que rematou na Praza de Galicia, onde os bombeiros do parque de Espiñeira lles ensinaron á rapazada normas básicas de actuación en caso de emerxencia. Ao final da xornada todos os participantes recibiron un diploma pola súa participación. Un día de curiosidade, admiración, alegría e seguridade: as catro emocións nas que se basea o campamento Malamía en casa. Está previsto que en agosto os nenos e nenas participantes realicen outra xornada para reforzar o aprendido. s. souto