Xosé Antonio Neira Cruz recibe na Pobra o premio literario Carlos Mosteiro

Certame literario
Suso Souto
ENTREGA. Neira Cruz recibe o premio de mans da edil de Cultura, Patricia Lojo. Foto: C.P.

a pobra. O escritor Xosé Antonio Neira Cruz recibiu o premio do IV Concurso de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, convocado polo Concello da Pobra e que ten unha dotación económica de 3.000 euros. O galardoado, quen repite distinción despois de gañar tamén a segunda edición do certame, estivo acompañado pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo; o presidente da asociación Barbantia, Manuel Cartea; e o director de Produción da Editorial Galaxia, Xesús Domínguez. Co acompañamento musical da Escola de Música da Pobra, nesta cita aproveitouse a ocasión para presentar a obra gañadora, Por mor de cinco pizzas aos catro queixos, publicada na colección Árbore da Editorial Galaxia e da que os asistentes recibiron un exemplar. Ademais, o Concello da Pobra repartirá exemplares do libro entre a rapazada do municipio. s. s.