A exposición ‘50 anos sen troles’ fai unha parada na Praza do Concello da Laracha

Mostra
Manuel Lavandeira
Exposición sobre os troles na Praza do Concello da Laracha. Foto: C. Laracha

Desde este xoves, día 23 de setembro, e durante quince días a Praza do Concello da Laracha acollerá a exposición itinerante ao aire libre 50 anos sen troles, coincidindo co quincuaxésimo aniversario da desaparición do que foi o principal medio de comunicación durante moitos anos.

A exposición é unha iniciativa da A.C. Lumieira e o Concello de Carballo. A mostra inclúe dez expositores con información escrita, fotografías e material recompilado polo profesor e historiador Xan Fraga Rodríguez, autor de varios libros sobre o trolebús e o tranvía.