A Laracha amplía a rede de saneamento na parroquia de Coiro

Servizos municipais
Manuel Lavandeira
Obras de ampliación da rede de saneamento na parroquia de Coiro. Foto: Concello da Laracha

O Concello está a executar as obras de ampliación da rede de abastecemento de auga na parroquia de Coiro. A actuación consiste na instalación soterrada dun novo tramo de traída duns 240 metros lineais de distancia para aumentar a cobertura deste servizo ata todas as vivendas situadas nos núcleos de A Casanova e A Ferraría.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Jesús Souto, reuníronse no lugar das actuacións co responsable da empresa construtora para interesarse polo desenvolvemento dos traballos. O proxecto é financiado integramente con fondos municipais.