A Laracha reforzou as limpezas nos centros educativos polo covid

O BNG preguntará no Parlamento pola situación que se vive no IES Agra de Leborís
Saúde
Manuel Lavandeira
Paiosaco poderá celebrar a tradicional feira o domingo. Foto: Concello da Laracha

A Laracha. A comisión de seguimiento ante a covid-19 do Concello da Laracha reuniuse este venres, día no que se confirmou o regreso ao nivel 2 de alerta tras baixar entre 14 e 21 o número de casos confirmados no municipio.

Na xuntanza informouse do reforzo nas limpezas nos colexios en horario extraescolar. Durante o horario lectivo en todos os centros nos que é competencia municipal realizan a diario un mínimo de tres desinfeccións dos asesos, ademais das superficies de uso frecuente, nas zonas privadas do persoal e nos postos de traballo compartidos.

Asemade, na reunión confirmouse que o domingo poderá celebrarse a feira de Paiosaco e que os voluntarios de Protección Civil están axudando nas compras de alimentos e medicamentos ás persoas que están a cumprir corentenas.

Pola súa banda, o BNG larachés, a través da deputada Mercedes Queixas, presentou varias preguntas no Parlamento, e insta á Xunta a “investigar o sucedido” nos IES Agra de Leborís, no que, aseguran, “se viviu unha situación caótica no inicio do curso escolar, e actualmente a aula de 2º de Bacharelato leva máis dunha semana sen clases por mor de varios positivos de covid-19, e por non poder impartir clases telemáticas ao non contar o centro cos medios necesarios”. M. L.