A Laracha xa oferta prazas no seu viveiro industrial do polígono local

As empresas poderán facer uso dos postos un ano, prorrogable por outros doce meses
Industria
Manuel Lavandeira
Nave do viveiro de empresas do polígono de A Laracha. Foto: Concello da Laracha

A Laracha. O Concello da Laracha anuncia que esta semana ábrese o prazo de solicitude a tódalas persoas físicas ou xurídicas que desexen facer uso do viveiro industrial.

O edificio do viveiro conta con zonas comúns para o servizo dos emprendedores industriais, cun espazo multiusos e de reunión, unha zona de postos aberta, e outra de naves, dividida en dous independentes con acceso propio e que comunica mediante corredor có edificio de servizos comúns, aseos e vestiarios. Adxacente á parcela existe unha amplía zona de aparcadoiro. Como servizos atópase un vestíbulo-recepción.

O edificio consta de dúas zonas, unha destinada a naves de uso industrial, taller artesanal ou similares, principalmente opaca, onde se ubican as dúas naves, con acceso peonil polo vestíbulo e outra independente a través dos amplos portóns eléctricos, o

cal facilita o acceso a diferentes tipos de transporte ou maquinaria; e outra zona destinada a oito oficinas/postos, servizos xerais, vestíbulo recepción, e unha sala de reunión-multiusos.

As empresas e autónomos que se instalen no viveiro contarán con servizo de administración- recepción, limpeza e mantemento de zonas comúns, seguridade, aparcadoiros, aseos, sala multiusos, conexión a internet e suministro básico de electricidade.

Outro atractivo é o coste mínimo que terá para os novos usuarios: 900 euros (trimestre) no caso das naves e de 180 euros no caso das zonas de traballo/oficina, segundo informa o Concello. M. L.