Aberto o prazo de inscrición na Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal

Actividades
Manuel Lavandeira
Sede da Fundación Eduardo Pondal, no Couto - Ponteceso. Foto: Turismo de Galicia

A Escola de Verán que organiza a Fundación Eduardo Pondal, e que conta coa colaboración do Concello de Ponteceso, abre as inscricións para a súa 40 edición. As persoas interesadas en participar na actividade poderán acudir os sábados 28 de maio e 4 de xuño, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, á Casa dos Veciños do Couto.

A aldea do Couto acollerá a escola do 2 de agosto ao 2 de setembro. Os participantes desfrutarán dun programa no que terán cabida a radio, as ciencias, a agricultura ecolóxica, os contacontos, as excursións e outras actividades.