Nova capa de pintura e diversas reformas no pavillón polideportivo da Laracha

Infraestruturas municipais
Manuel Lavandeira
Jesús Souto, á esquerda, Gonzalo Trenor e José M. López no pavillón da Laracha. Foto: Xunta

Bergantiños. O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel López, supervisou o resultado das obras de polideportivo municipal que contaron cun orzamento de 39.000 euros dos cales a Xunta achegou 25.000 euros.

A colaboración entre o Goberno galego e o Concello permitiu a substitución das placas do lucernario, a reparación e protección do canlón existente mediante pintura impermeabilizante e substitución dos tramos máis deteriorados, a pintura das ménsulas de acero do aleiro da cuberta e substitución das máis deterioradas, a reparación do pintado interior e exterior dos muros, máis o repaso e substitución da tornillería da cuberta en mal estado e protección da mesma con pintura.

O representante autonómico recalcou que “o obxectivo destas achegas é o de apoiar a práctica deportiva no concellos para a mellora da calidade de vida dos cidadáns”. M. Lavandeira